Coruñeses por Carlos Marcos

Por un coruñesismo de bien

En defensa do PG

Posted by ciudadanolacoruna en marzo 28, 2007

Reproducimos un artículo excelente encontrado en un foro que acostumbramos visitar:

http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?t=262

En defensa do Partido Galeguista

Xaneiro 19th, 2007

O Partido Galeguista sempre foi un proxecto político de centro-direita

O revisionismo histórico comunistoide é especialista en silenciar selectivamente aquelas pasaxes da nosa historia galega que non lle gustan e que van en contra da súa ideoloxía partidista.

Últimamente algúns deses da estrela vermella andan todos sobresaltados porque o “nacionalismo de esquerda” podería perder o monopolio do nacionalismo galego (algúns non evolucionaron desde o “partido único” da Unión Soviética), e andan mui ocupados en predicar ao vento que o PG é mao, moi mao, fascista, retrógrados, españolista, antigalego, e unha banda de farsantes e pervertidos porque –aseguran os neocomunistas- o antigo PG era precedesor dos da estreliña vermella iugoeslava, e este PG non é máis que unha mafia de resentidos “reaccionarios” e conservadores.

Curiosamente, estes neocomunistas sempre falan “do PG de Castelao e Alexandre Bóveda”. Nunca se lles escuita falar do PG de Otero Pedraio, de Plácido Castro, de Vicente Risco, de Filgueira Valverde, de Manuel Beiras (o pai do “Beiras”, conservador? ui, ui, ui, ui, ui….)… Nunca falan deles porque eses galeguistas eran conservadores, demócratas e anticomunistas.

Escuitando como estes neocomunistas pretenden reescreber actualmente a historia do PG, queren que nos imaxinemos a un Bóveda tirando cócteles molotov á “policia espanhola” no entanto un Castelao drogado queima unha bandeira e berra “Puta Espanha”. Nada máis lonxe da realidade. Os neocomunistas xamáis poderán silenciar que Alexandre Bóveda era católico practicante con cinco fillos, un home moderado e grande amigo de conservadores como Raxoi Leloup, Losada Diéguez, ou o mesmo José Calvo Sotelo. Igual podemos dicer de Castelao, que comezou a súa vida política dentro do… Partido Conservador. Si, por muito que lles doa aos da “matruska Rusia”, Castelao, antes de formar o PG, era membro do Partido Conservador, e entre os seus mellores amigos estaban famosos conservadores como Portela Valladares ou Losada Diéguez, que exerceu unha grande influencia ideolóxica no rianxeiro.

Por que os neocomunistas só queren falar do “PG de Castelao”? Se falamos de Partido, temos que lembrar que o home máis influinte no PG que pariu o Estatuto era Plácido Castro, non Castelao. Na III Asemblea Nacional do PG Plácido Castro foi o candidato máis votado para levar a Secretaría Executiva, con muitos máis votos por diante que o outro candidato, Castelao. Na IV Asemblea Nacional do PG Plácido Castro voltou ser o candidato máis votado á Secretaría Executiva. Por qué os neocomunistas nunca falan do “PG de Plácido Castro?”. Direilles por qué:

“A desaparición do comunismo é imprescindible para Europa”
Plácido Castro, artigo no xornal El Pueblo Gallego, 3 de xuño de 1927.

Si. O líder do aparato político do PG era un conservador liberal. Foi este conservador liberal, Plácido Castro, o que tamén foi designado polo PG para ir á Sociedade das Nazóns en Suiza a ler un discurso feito por Vicente Risco -outro conservador- e onde os países europeos declararon a Galiza como nazón da Europa no ano 1933. Si, hoxe o BNG anda luitando para que o noso III Estatuto diga que somos unha nazón, mas os comunistas galegos silencian o que pasou en 1933 cando foron dous conservadores do PG os que fixeron que Galiza fose declarada nazón de Europa diante da Sociedade das Nazóns. Iso os revisionistas neocomunistas ténno ben calado.

O Partido Galeguista era un partido moderado de centro direita. Ainda que o revisionismo histórico comunistoide ande últimamente querendo facer crer a algúns rapaces inxenuos que o PG era “de esquerdas”, xamáis poderán destruir os papeis, os documentos, os homes e a historia. E se non, escuiten a un dos patriotas de esquerdas máis respectábeis da Galiza, Isaac Diaz Pardo, que naquel tempo militaba nas “Xuventudes Comunistas Unificadas” e que calificaba a ese “PG de Castelao” como un partido de “reaccionarios”:

“Un día estando eu a traballar no taller de meu pai veu por alí Anxel Casal e mais Castelao. E a min non se me ocorreu outra cousa que dicirlle «E que vós sodes uns reaccionarios». E Castelao dixo «Carallo para o rapaz». Entón Casal cabreouse e meu pai botoume de alí.”
Entrevista a Isaac Diaz Pardo

Vexan que pouco mudaron os tempos. Os comunistas do ano 1935 cualificaban ao PG como un “partido de reaccionarios”, do mesmo xeito que hoxe os neocomunistas da estrela vermella insultan de todo a este PG que dí querer converterse no partido nacional moderado da Galiza.

No proceso de negociazón política do I Estatuto da Galiza o sector do PG máis escorado á direita criticou calquer tipo de acordo cos esquerdistas e comunistas hispanos da Frente Popular, ainda que estes tamén apoiaban a Autonomía da Galiza. Este desacordo estratéxico provocou a saída dalgúns militantes do PG que criaron un novo partido chamado “Direita Galeguista”. Vexamos o comentario do histórico militante do PG, o ilustre patriota señor Francisco Fernández Del Riego:

Foi traumática a escisión da Dereita Galeguista do Partido Galeguista?
Non, ademais, nunca houbo un enfrontamento directo entre as dúas forzas. Dereita Galeguista xurdiu para querer demostrar que era posible un nacionalismo de dereitas pero, no fondo, defendían o mesmo ca nós.
Entrevista a Francisco Fernández del Riego

O PG e Direita Galeguista “defendían o mesmo”. Non se pode dicer máis claro.

Aproveito aquí para enviar os meus respeitos ao ilustre patriota señor Francisco Fernández del Riego en lembranza polo pasamento trasantonte da súa dona Evelina Hervella. Descanse en Paz.

Como todo galego debería saber, os nacionalistas hispanos ilegalizaron o Partido Galeguista entre 1936-1978. O PG malviveu na emigrazón –daquela non había este fantástico invento que é o internet- e no ano 1943 un grupo de patriotas intentan reorganizar o PG dentro da Galiza controlada polas forzas dictatoriais-nacionalistas hispanas. Un deses patriotas, o galeguista moderado Ramón Piñeiro, foi condeado a tres anos de prisón polo seu intento de reorganizar o PG. Trás a súa saída de prisón Piñeiro consegue desanimar o intento de reorganizar o PG e convence aos galeguistas de concentrar o traballo patriótico no eido cultural dentro da Editoral Galaxia. Esta decisión foi duramente criticada polo nascente nacionalismo comunista galego, que cualificaron a Piñeiro de “reaccionario”, “anticomunista” e mesmo de “axente da CIA”.

Morto o ditador Franco, o PG voltou a reorganizarse coa chegada da Democracia. Aqueles de vostés que tiveran uso de razón naquel tempo lembrarán ao centrista Luis Sobrado, Secretario Xeral do PG en 1978, que aportou a contribuzón dos Galeguistas na elaborazón do II Estatuto de Autonomia da Galiza. Lembrarán tamén que chegado o referendum polo II Estatuto o Partido Galeguista fixo campaña a prol da súa aprobazón no entanto os neocomunistas da estrela vermella non apoiaban o Estatuto, que consideraban “reaccionario”.

Mui poucos de vostés pagarían atenzón a aquel novo intento de reorganizar o Partido Galeguista en 1985 protagonizado por Ramón Martínez e Manoel Beiras (velaquí outros dous históricos conservadores “reaccionarios” do PG). Foi outro intento fallido.

Agora há apenas tres anos, en 2004, o PG celebrou outra asemblea nacional máis de refundazón. Naquel momento o “nacionalismo de esquerdas” ignorou o evento, mas desde aquela o novo PG vai sumando máis e máis xente e agora son a cuarta forza política galega en número de concelleiros municipais. Isto parece irritar aos do “partido único” da Unión Soviética, que temen perder o monopolio nacionalista, e así comezan a criticar ao novo PG calificándoos de “reaccionarios”.

Ben, hoxe vou sair en defensa do Partido Galeguista:

Aos que critiquen o proxecto do PG de 2007 afirmando que o PG de 1931-1936 era un partido de comunistas, socialistas ou radicais direilles que volten á escola, que aprendan a historia da nosa nazón e que teñan ben claro que o Partido Galeguista de 1931-1936, 1943, 1978 e 1985 sempre foi un proxecto político conservador moderado de centro-direita.

Aos que critiquen o proxecto do PG de 2007 afirmando que o PG de 1931-1936 era un partido independentista direilles que volten á escola, que aprendan a historia da nosa nazón e que teñan ben claro que o Partido Galeguista de 1931-1936, 1943, 1978 e 1985 sempre foi un proxecto político moderado que propuña unha confederazón peninsular.

Aos que critiquen o proxecto do PG de 2007 afirmando que este PG non é o mesmo que o de 1931-1936 direilles que non sexan tan simplistas. É evidente que hoxe nen contamos cunha Xerazón Nós nen a situación político-social de 2007 é comparable coa de 1931.

Direilles que eu persoalmente son soberanista galaico e non concordo con nengunha confederazón con nengún povo iberomediterráneo. O único proxecto político de futuro para a Galiza é unha Gallaecia Atlántica e Europeia. E o único camiño para chegar a ese obxectivo é convencer ao noso povo e contar coa súa forza.

Hoxe defendo o direito do PG a tentar unha vez máis de establecer un proxecto político conservador e moderado para Galiza.

Primeiro, porque os galaicos somos unha étnia inequívocamente conservadora.

Segundo, porque calquer país do mundo necesita ter forzas nacionais en todo o abano político: de esquerdas, de direitas, ecoloxistas, etc.

Terceiro, porque xa é hora que comecemos a aplicar estratexias políticas eficientes de soberania nacional, que den resultados.

Queremos resultados. Nos últimos 30 anos tivemos unha “esquerda nacionalista” secuestrada polo comunismo ruso-caribeño que desacreditou completamente ao movimento nacionalista galego. Ao mesmo tempo tivemos un partido nacionalista hispano (PP) disfarzándose de “galeguista” para captar votos galegos e logo no governo fazer políticas pro-hispanas e contrárias aos intereses nacionais galaicos.

Xa é hora que nós lles apliquemos a mesma menciña.

Necesitamos un partido moderado que faga igual que o PP mas á inversa. Un partido que saiba captar votos na povoazón galega, galego-falante e castelán-falante, e que logo no poder desenvolva políticas nacionais galeguizadoras.

Durante muitos anos os dous partidos hispanos, PP e PSOE, estiveron xogando coa Galiza ao “policia bon e policia mao”. O policia mao era o PP, españolista e intransixente cos direitos nacionais da Galiza, e o policia bon era o PSOE, máis comprensivo coas nosas demandas nacionais. Mas no momento da verdade, os dous son un mesmo partido que defende os intereses hispanos na Galiza.

Agora tócanos a nós de xogar o mesmo xogo con eles. O PG pode xogar a ser o policia bon, que comprende a toda a sociedade, fala con todo o mundo, é moderado, róuballe o voto populista do PP e exerce como tapón político para que o PP nunca máis poda chegar á Presidencia da Xunta. O BNG pode xogar a ser o policia mao, abertamente independentista, firme e intelixente nas súas reivindicazóns políticas, como o Scottish National Party. Un cenario similar ao que existe na Cataluña, onde governe a esquerda ou governe a direita sempre haberá unha forza nacional no governo da nazón.

Teremos que estar atentos aos feitos e políticas do novo PG. Non devemos esquecer quen é o verdadeiro inimigo da Galiza e onde están as nosas prioridades nacionais. Sexamos menos críticos cos nosos, axudemos aos nosos, sexamos realistas coa nosa situazón nacional, sexamos intelixentes coa nosa situazón nacional, e continuemos a traballar pola nazón, con ilusión, sen cair xamáis no desánimo.

Anuncios

2 comentarios to “En defensa do PG”

  1. galeguista said

    Este é o verdadeiro Partido Galeguista, por isso forom fusilados tantos patriotas:

    http://www.galizacig.com/actualidade/200704/mm_nacionalismo_imperialismo_galeguismo_1928.htm

  2. do you know any information about this subject in other languages?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
A %d blogueros les gusta esto: